Ciclo de Conferencias en Galicia do profesor Mario Sabán

La Cátedra de Pensamiento Judío 'David Melul' visita Galicia este mes de marzo de 2015. Mario Sabán, doctor en Filosofía y en Antropología, impartirá conferencias en Vigo, Lugo y A Coruña, los días 2, 3 y 4 de marzo, respectivamente. Es la primera visita del presidente de Tarbut Sefarad a tierras gallegas. Este ciclo de conferencias-coloquio, patrocinado por la Cátedra de Pensamiento Judío "David Melul", está organizado conjuntamente por la Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) y Tarbut Sefarad.

> Consulta aquí el programa de conferencias del mes de marzo

INVITACIÓN DE AGAI

Ao longo da primeira semana de marzo terán lugar nas cidades de Vigo, Lugo e A Coruña tres interesantísimas Conferencias-coloquio sobre historia xudía a cargo do eminente especialista en Cultura Xudía, profesor Mario Sabán*.

VIGO
Luns, 2 de marzo ás 20:00 horas
Título: “A Expulsión de 1492 e a Diáspora sefardí”
Presenta: Cesar Pazos, socio de AGAI
Lugar: Hotel México, Vía Norte 10

LUGO
Martes, 3 de marzo ás 20:00 horas
Título: “O desenvolvemento do ser humana á luz da Cábala”
Presenta: Pablo Veiga, socio de AGAI
Lugar: Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo 4

A CORUÑA
Mércores, 4 de marzo ás 20:00 horas
Título: “O xudaísmo de Xesús e as orixes xudías do cristianismo”
Presenta: Abel García López, membro da Xunta Directiva de AGAI
Lugar: Hotel Riazor, av.Pedro Barrié de la Maza 29 (Paseo Marítimo)

Entrada libre



* Mario Sabán é licenciado en Dereito pola Universidade de Buenos Aires e doutorado en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre «Rambam, o xenio de Maimónides: unha interpretación moderna da Guía dos perplexos e controversias internas do xudaísmo». Doutorado tamén en Antropoloxía pola Universitat Rovira i Virgili de Tarragona cunha tese sobre «O Misterio da Creación e a Árbore da Vida na mística xudía: unha interpretación do Maasé Bereshit». Preside, desde a súa fundación no ano 2007, a rede Tarbut Sefarad, dedicada á difusión da cultura xudía en España.

Libros publicados

En 1990 publicou o seu primeiro libro, “Judios conversos”, resultado das súas investigacións históricas sobre as orixes xudías das familias arxentinas, que se converteu en best-seller. Desde entón publicou un total de 11 libros.

Varias das súas obras son resultado da investigación sobre as raíces xudías do cristianismo, area na que está recoñecido coma unha das maiores autoriades a nível mundial. Tamén afondou no estudo da historia e a filosofía xudías. Froito deste interese é unha das súas obras máis salitables “La matriz intelectual del judaismo y la génesis de Europa, una filosofía de la historia judía”.

Estudioso da Cábala xudía (Kabbalah)

Nos últimos anos, Mario Sabán orientou os seus estudos e investigacións cara ás fontes da tradición mística xudía, a Cábala. En 2011 publica a súa primeira obra de Cábala, “Sod 22: el Secreto”, sobre os fundamentos da tradición mística do xudaísmo.

En xaneiro de 2013 publica, en forma de libro, o traballo de investigación da súa tese doutoral en Antropoloxía, co título “Maasé Bereshit, el Misterio de la Creación en el judaísmo”.

Actaulamente está a rematar a súa terceira tese doutoral desta volta en Psicoloxía sobre "El Maasé Merkabá: la relación entre la psicologia transpersonal y el misticismo judio" para ser defendida durante o presente ano 2015.

Profesor e conferenciante

Alterna as horas de estudo coa súa faceta como divulgador, conferenciante e profesor. Imparte conferencias e cursos en Israel, todo o territorio español e sudamérica sobre as súas distintas liñas de investigación: historia do xudaísmo, pensamento e filosofía xudía, orixes xudías do cristianismo, Cábala e Mística xudía.

Asociación Galega de Amizade con Israel
www.amizadeconisrael.org
https://www.facebook.com/galiciaisrael
https://twitter.com/AmizadeIsrael
Apartado de Correos 730
Teléfono: +34 610 424174
36200 Vigo - GALICIA